lunes, 23 de diciembre de 2013

XOGANDO XUNTOS O ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE

O último día de clase do 
primeiro trimestre,
xuntámonos na clase de terceiro
para facer xogos moi divertidos.

 Tíñamos que estar moi atentos
para seguir o ritmo.





Despois fomos a clase de 4º 
para tomar lambetadas e beber refrescos.
E rematamos vendo xuntos 
unha "peli" moi divertida
dunha familia de "cavernícolas".
BO NADAL E ATA O DÍA 9 DE XANEIRO!
Volveremos con moitas ganas de traballar.










DIPLOMAS FAIRY

O día 19 de decembro entregáronse
os DIPLOMAS "FAIRY" do primeiro trimestre.
Reunímonos todos os nenos e nenas 
de Primaria no ximnasio.



 Os nenos de 4º e 5º recibiron o DIPLOMA
de SUBCAMPIONES.






 As nenas e os nenos de 3º tamén 
tiveron o seu DIPLOMA
  DIPLOMA DE CAMPIONES   
        PARA OS NENOS DE 3º.             


  DIPLOMA DE CAMPIONAS 
PARA AS NENAS DE 4º.





SO QUEDA UN DÍA 
PARA AS VACACIÓNS DE NADAL!





















domingo, 22 de diciembre de 2013

POSTAIS EN FAMILIA

Chega o Nadal e os nenos e nenas
do Cole Abelendo
fixemos as 
POSTAIS EN FAMILIA

 Aquí temos unha pequena mostra
 dos artistas
do Segundo Ciclo.










 Como podedes ver, non falta de nada:
Bonecos de neve, Papá Noel, 
neve, agasallos, árbores de Nadal, 
Reis e camelos, estrelas, desertos, acivro...


 BO NADAL!

jueves, 12 de diciembre de 2013

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES

No cole empezamos o mes de decembro
cunha Campaña de recollida de xoguetes.


Desde o día 2 foron
aparecendo xoguetes de todo tipo.

Agora na entrada do cole
hai unha montaña
de peluches.


Tamén hai montóns de puzzles,
contos, bonecas, pelotas, xogos...


 O mércores, día 11, veu o periódico 
a facer unha foto.


E todo isto, para onde vai ir? 
- Preguntou Hugo     
                         
      
 Imolo repartir en varios lotes.


Un lote vai ir para Cáritas.


Outro lote vai para 
a Asociación Equus Zebra.


E tamén van chegar xoguetes
ata o cárcere de Pereiro de Aguiar en Ourense.
Alí funciona un obradoiro 
de reparación de xoguetes.

O cempés di:
Que ben, cambio de casa!
MOITAS GRAZAS 
POLA VOSA COLABORACIÓN.

sábado, 30 de noviembre de 2013

VISITA PLANETARIO

O mércores día 27 de novembro 
fixemos unha saída 
á escola de Educación Infantil do Con,
"O Palomar".


 Saímos por grupos, 
ao longo da mañá.









Alí había unha sorpresa.
Un PLANETARIO, no que vimos:
O Sol, a Terra, a Lúa, 
os Planetas e as Estrelas.
Todo xirando enriba de nós.