viernes, 31 de enero de 2014

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Os días antes do día 30, todo o Cole 
andaba dun lado para outro.
Todos os nenos e nenas 
tiñan que pintar unha lata.




 Na clase de 4º tamén fixemos un traballo sobre 
a nosa Comunidade Autónoma.

 Por fin chegou o día 30.
Despois do recreo fixo sol.
 E poidemos baixar ao patio 
para dar a lata pola PAZ.

Fixemos moito, moito ruido, 
para pedir a PAZ
en todo o mundo.










 Así di a canción deste ano:
"HOLA, 
SOMOS LOS NIÑOS,
DE ESTE PLANETA,
AQUÍ VENIMOS,
A DAR LA LATA
POR LA PAAAAAAAAAAAAAAAAZ".

martes, 28 de enero de 2014

OS GAITEIROS DA XISTRA

O luns, 27 de xaneiro, saímos a ver aos
GAITEIROS DA XISTRA.

 Coma outros anos fomos a Vigo, ao auditorio de 
Nova Galicia Banco.



 Pero este ano houbo unha novidade.
Saímos ao escenario a profe Montse 
e Desi e Ainoa, que aquí están.
Tiñamos que axudar a Centoulo 
e formar parte das súas tropas.



Gustounos moito, foi moi divertido.

domingo, 19 de enero de 2014

PARABÉNS PARA NOA


O venres, día 17 de xaneiro, 
Noa chegaba ao Concello
sobre as 13,30 horas.



 Estaba moi contenta porque iba recibir un premio.

 Este é o motivo do premio. 
Gañadora do Concurso de Postais de Nadal 
que convocou o Concello de Moaña.

 Aquí están todos os gañadores e gañadoras.


Noa recibiu un diploma e un cheque por importe de 50 € para material escolar. 
É o máis importante, a satisfacción 
do traballo ben feito 
e o aplauso de todos os que a coñecemos, 
compañeiros, familiares, profesores/as...