martes, 24 de mayo de 2016

A CORREEERRR !!!!

Xa está aquí o cros ... levamos entrenando moi duro todo o mes e ao final os resultados foron moi satisfactorios. Vale a pena esforzarse por algo que queres, verdade?


Engalonando Moaña

O mércores 18 fomos ao adro de San Martiño a decoralo con poemas de Manuel María.  Nos eleximos o poema "O soñador" ...e alí o deixamos ...soñando...
Quedou precioso!!! Ir a dar un paseo por alí e xa veredes...


sábado, 7 de mayo de 2016

UMMMM...QUE RICO!!!

Outra vez almorzamos no cole!!!... pero esta vez era moi diferente. Había queixo, xamón, iogurt pan, froitos secos, auga, plátano e mel. É dicir, un elemento de cada eslabón da pirámide alimenticia. O que máis nos costou probar foi o mel... metémolo no iogur ou no pan. Estaba todo moi rico e... como xa sabemos ...ao rematar limpamos ben os nosos dentes tal e como nos ensinou Tomasita.

lunes, 2 de mayo de 2016

OS MAIOS

Chegou o mes de maio e para celebralo  decidimos traballar en equipo. Constrímos un maio entre todo o colexio. Os maiores axudamos aos pequenos e para rematar cantamos una copla moi bonita.

O traballo en equipo sempre mola...

domingo, 1 de mayo de 2016

ABRIL LECTURAS MIL

En todo o mes de abril estivemos traballando para o día do libro. Compartimos un libro con outros compañeiros, elaboramos una nova aventura de Don Quixote, elaboramos un mural na entrada co debuxo do noso libro favorito e por último celebramos o día do cibro recitando un poema sobre os nosos gustos personais.
Agora sabemos que hai moitos compañeiros ao que lles gustan os mesmos libros ca nós. Que curioso verdade?

 

QUE BONITO É MOAÑA!!!

O día 28 de abril fomos de excursión. No concello esperábamos un famoso escultor o cal nos guiou ao longo de todo Moaña explicándonos curiosidades dos nosos monumentos. Coñecemos distintos materiais e distintos escultores aos que lle debemos esta fermosa vila. Tamén aprendemos que para ter un pobo bonito hai que coidalo moito sen subirse as esculturas nen... por suposto... pintalas.

QUE ORGULLOSOS ESTAMOS DA NOSA VILA!!!