lunes, 17 de febrero de 2020

Monumentos de Moaña

O pasado  xoves 13 de febreiro, os alumnos de 3º de primaria baixaron a Moaña para coñecer as diferentes esculturas de Moaña.

O artista local, Lito Portela (autor da caracola de Cabo Home), guionos nesta preciosa ruta para coñecer as fermosas esculturas.




Despois na clase fixemos un mural con todo o aprendido.


Grazas Lito por esta marabillosa experiencia e aprendizaxe.


lunes, 10 de febrero de 2020

Nana para un soldado

Hoxe os alumnos de 3º e 4º de primaria fomos a Vigo ao teatro.

Vimos a obra titulada Nana para un soldado do Teatro dos Ghazafelhos



Os nosos alumnos pasárono en grande e ao mesmo tempo aprenderon unha importante mensaxe: a necesidade de escoitarse, entenderse e respectarse.







REGUEIFA 4º- NAMORADOS DE GALIZA



A regueifa tivo gran difusión no século XVIII,pero é no século XIX e XX cando toma pulo.
Trátase da forma máis especializada, máis coñecida dos cantares de desafíos galegos. Segundo as zonas denomínase de diferente forma:

Na Coruña- regueifa
En Lugo- brindo ou loia
En Ourense- fistores


                                 
REGUEIFA

Para aqueles que aíndaaaaa
non son quen de regueifar
aquí estamos os nenos e nenas de 4º       
de Abelendo e ímolo intentar.     
(Xuntos)     

Así que todos e todas atentos
porque imos comezar
e como non podería ser doutra maneira   
da nosa terra queremos falar. 
(Xuntos)

O entroido de Galicia é o mellor que vivín
entre outras cousas, percorren
os peliqueiros e cigarróns
todas as rúas de Verín                                
(Xiana)

Boo, pon o freoooooo
iso hai que velo Galego,
pois date por decatado
que o mellor entroido é o de Río de Janeiro.    
(Mara)

Cando andamos polo mundo adiante
nótase a presenza dun Galego,
non só polo acento
senón polo garbo que temos.                          
 (Oliver) 

Pois en Andalucía, somos moi dicharacheros
viaxa ao Sur que che mostro
toda a graza que temos
e senón... mira este baile flamenco...                  
(Sara)

Nin Nueva York, nin Paris
o nadal de Vigo é a referencia,
hai que vir vivilo
que as luces son a súa esencia.                  
(Brais)

Se, pero vos non tedes o " New  York Times"
por se non o sabedes, o mellor xornal
París o país do croissant e soamente
con escoitar francés, vas namorar.                    
(Santi)

Que dicir das nosas praias,
son unha fardada,
non fai falta que viaxes 14 horas
para chegar a Punta Cana.                               
(Xoel)

Pero que dis, República Dominicana
é unha guallada,
e non pasa como en Galicia
que as augas están xeadas...                          
(Sara)

Galicia a única terra pola que podes sentir morriña
e a gastronomía é unha marabilla
un bo cocido galego, 
supera ao madrileño.                                           
(Samuel)

Pero en Galicia é todo choiva
tes que andar con chuvasqueiro
o día enteiro...
e aínda así te mollas                                            
(Mara)

¿Sabes que che contesto?
Vaiche boa, nunca choveu que non escampara
se chove que chova, ehhhh, ten coidado coas meigas
eu non creo nelas, mais habelas, hainas.                      
(Samuel)

Esta regueifa vai rematar
todo isto foi un falar,
pois sexamos de onde sexamos
todos somos irmáns.                                               
(Xuntos)




                                                                                    Regueifeira: mestra Iria e alumnos.
                                                                                                  (Creación propia)


                                                                                               Agarimos, Iria

sábado, 8 de febrero de 2020

Mini-proxecto Hidrosfera


Rematamos o mini-proxecto, centrado  na "Hidrosfera" e realizamos tarefas divertidas que nos axudan a idear estratexias cara ao estudo.







Os alumn@s crearon chistes e adiviñas con algúns ríos. Algúns exemplos:

¿Cal e o río máis posesivo? O río Miño  (Samu)
¿Cal é o colmo do río Texo? Que está moi 
"teso" (Brais)
É un rio moi valioso,
 metade español, metade portugués
nel hai moito ouro
xa sabes que río é?   (Mara)

                                                                 
                                                                                 Agarimos, Iria

jueves, 6 de febrero de 2020

Experimentos

Hoxe, na clase de ciencias sociais, fixemos un experimento para entender o ciclo da auga.
Buscamos os materiais necesarios: bolsa plástica, cinta adhesiva, auga e rotuladores.
E comezamos a debuxar, despois lle botamos auga e a esperar... que pasará? ...






Pasámolo xenial e entendimos como funciona o ciclo da auga.



Experimento dióxido de carbono

Hoxe, tivemos unha visita moi especial...

A mamá de Alba trouxonos xeo seco para poder experimentar.
Foi un experimento realmente divertido no que puidemos ver o dióxido de carbono conxelado e a súa reacción en contacto coa auga.

 

Grazas por este experimento tan divertido!