sábado, 30 de noviembre de 2013

VISITA PLANETARIO

O mércores día 27 de novembro 
fixemos unha saída 
á escola de Educación Infantil do Con,
"O Palomar".


 Saímos por grupos, 
ao longo da mañá.









Alí había unha sorpresa.
Un PLANETARIO, no que vimos:
O Sol, a Terra, a Lúa, 
os Planetas e as Estrelas.
Todo xirando enriba de nós.

domingo, 17 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013 (1) : O BAILE DA CASTAÑA

Por fin chegou o día do Magosto!


 Aquí estamos os nenos e nenas do Segundo Ciclo.
 Dispostos a xogar, a xogar, a xogar...
 O primeiro xogo foi para nós o de:
"O BAILE DA CASTAÑA"




                                                     
                                                  
                                             Por iso estamos 
buscando parella 
para bailar.



 E vemos algunhas caras enfadadas,
parece que non están todos dacordo
na busca de parella.






 Xa soa a música e empezamos a bailar.

MAGOSTO 2013 (2) : A XUNTAR CASTAÑAS

Xa estamos no segundo xogo.





Aquí temos un montón de castañas
e témolas que poñer de tres en tres.

Este aro xa ten tres castañas. 

Agora temos que encher outro.




Rematado o xogo,
aquí estamos celebrándoo.


E marchamos correndo 
para o terceiro xogo
que se chama:
"A CASTAÑA OCULTA






 Aquí estaban agochadas as castañas.
Tíñamos que levalas aos pratos de cores 
que tiña cada equipo.


                                                 Rematamos os tres xogos.
Xa temos merecido o noso premio:
A comer as castañas!


MAGOSTO 2013 (3) : COMENDO CASTAÑAS

Por fin, chegou o momento de comer as castañas.


 Os nenos e nenas do primeiro ciclo tiñan 
uns preciosos cestiños.








Damos as grazas aos profes 
que nos asaron este ano
tan ben as castañas.