O día 31 de outubro celebramos
no cole de Abelendo
O SAMAÍN.
Celebrámolo cun concurso de
receitas monstruosas.
A participación de todos os nenos e nenas
foi impresionante, ou poderíamos dicir
MONSTRUOSA.
Aquí tedes algúns exemplos
do que fixemos no
Segundo Ciclo.
Arañas, ratos, morcegos,sangue, calaveras,
fantasmas, bufos,tumbas, ollos,
dedos, mortos, cabazas, bruxas ...
Case todo comestible.
A primeira hora da mañá,
cada neno e nena foi explicando
como fixera a súa receita
monstruosa.
Todos estaban moi orgullosos
do resultado conseguido.
Resultamos ser todos
uns excelentes MONSTROCHEF.
Os da clase de 4º reunímonos
arredor dunha mesa redonda.
Estabamos todos moi contentos.
Despois baixamos todo ao comedor
para facer unha gran exposición.
Antes do recreo poidemos degustar
as nosas doces e salgadas
monstrosidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario