sábado, 1 de marzo de 2014

MAR DE DÚBIDAS


Temos no cole un mural titulado 
MAR DE DÚBIDAS.
 Nel hai moitos peixes que nos ensinan 
e sácannos de dúbidas.
 Así nese mar aprendimos que non se di fresa, 
senón amorodo.
 Cada peixe ten unha pestana, 
se a levantamos vemos a palabra correcta.
 Non se di espantapaxaros, senón espantallo.
 E así, co profe Odilo, 
fomos aprendendo moitas palabras 
que por costume dicimos mal.




Despois na clase, escribímolas todas correctamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario