domingo, 10 de abril de 2016
TEATRO EN INGLÉS
"O SOLDADIÑO DE CHUMBO" . Este é o título da obra que fomos a ver ao auditorio de Cangas. Era moi divertida e pasámolo moi ben cantando as cancións que nos ensinou a teacher no cole.
ALMORZOS SAUDABLES
Un día chegamos ao cole e estábanos esperando unha sorpresa: os mestres fixéronos o almorzo!!!. Había pan con aceite e tomate, zume de laranxa e leite con cacao. Antes de comer, explicáronnos a importancia de almorzar ben cada mañá.
Para rematar aprendemos a cepillar moi ben os nosos dentes despois de cada comida.
CINCO é o número clave...
PASCUA
O último día de cole antes das vacacións de Semana Santa, fixemos uns talleres. No primeiro pintamos ovos de pascua e decoramos una coroa de primaveira con flores ou motivos celtas. Que guapos estábamos!!!
Despois plantamos una planta cun desexo enterrado para que poida medrar ao mesmo tempo que a planta.
Despois fixemos uns xogos para buscar pistas e atopar os ovos que Dino escondeu polo cole. O máis difícil foi xuntar as pezas que obtivemos en cada xogo e seguir o mapa.
Por fin conseguimos o premio tan ansiado...

DÍA DA ÁRBORE
O día 8 de marzo os nen@s do segundo ciclo fomos convidados
polo concello e pola comunidade de montes a vivir unha aventura en Chan do
Porco (Domaio). Chegamos todos emocionados e
nerviosos xa que íamos compartir esta experiencia cos demáis coles de
Moaña (Domaio).
Comezamos a xornada plantando sobreiras e carballos.
Como pesaba aquel legón!!!!
Como pesaba aquel legón!!!!
Cando
rematamos adicamos uns minutos a recitar un poema de Manuel María chamado
“Carballos”. Que título máis axeitado verdade?
Despois de merendar dixéronos que por alí cerca había unha dona de loiros cabelos que se peiteaba cun peite de ouro. Todos lle chaman “a Moura” e vive nunha poza chea de cascadas. Como a lenda nos gustou tanto fomos a visitar a Poza onde vive e... cal foi a nosa sorpresa cando a atopamos peiteándose sentada nunha rocha!!!. Que fermosa e simpática era!!
Para
rematar o día tivemos unha actuación moi especial. ERA UN HOME ORQUESTA!!!.
Chamábase Cé Orquesta Pantasma e
fíxonolo pasar xenial: cantamos, bailamos, rimos….
Chegamos o cole moi cansos pero nunca esqueceremos este día
tan especial.
CORUÑA!!!!
SAÍDA A CORUÑA
Despois de moito tempo esperando, por fin conseguimos viaxar A Coruña. IMOS IR TODO O DÍA!!!! QUE EMOCIONANTE!!! Pola mañá visitamos ao museo do Domun e pola tarde, despois de ver a Torre de Hércules, coñecemos a Casa das Ciencias. O que máis nos gustou foi o planetario xa que podemos observar o ceo doutro xeito distinto. QUE BEN O PASAMOS...

Saída ao IFEVI
OS NENOS DE SEGUNDO CICLO VIAXAMOS AO PASADO
O día 19 de febreiro oas alumn@s do segundo ciclo visitamos unha exposición no IFEVI de Vigo. Alí aprendemos moitas cousas sobre os nosos antepasados. Parecéronos moi "raros" pero a súa forma de vida impresiononos moito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)