domingo, 10 de abril de 2016

DÍA DA ÁRBORE

 

O día 8 de marzo os nen@s do segundo ciclo fomos convidados polo concello e pola comunidade de montes a vivir unha aventura en Chan do Porco (Domaio). Chegamos todos emocionados e  nerviosos xa que íamos compartir esta experiencia cos demáis coles de Moaña (Domaio).
 
 
 

 
 
 
Comezamos a xornada plantando sobreiras e carballos.

Como pesaba aquel legón!!!!
 







Cando rematamos adicamos uns minutos a recitar un poema de Manuel María chamado “Carballos”. Que título máis axeitado verdade?
 
 
 




Despois de merendar dixéronos que por alí cerca había unha dona de loiros cabelos que se peiteaba cun peite de ouro. Todos lle chaman “a Moura” e vive nunha poza chea de cascadas. Como a lenda nos gustou tanto fomos a visitar a Poza onde vive e... cal foi a nosa sorpresa cando a atopamos peiteándose sentada nunha rocha!!!. Que fermosa e simpática era!!


 
    

 



Para rematar o día tivemos unha actuación moi especial. ERA UN HOME ORQUESTA!!!. Chamábase   Cé Orquesta Pantasma e fíxonolo pasar xenial: cantamos, bailamos, rimos….
 
 




                                      

Chegamos o cole moi cansos pero nunca esqueceremos este día tan especial.

 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario