Esta semana os nenos e nenas de 3º fomos ata Meira con nenos e nenas doutros coles de Moaña. Alí visitamos a zona de Bronlle, onde puidemos ver un muiño por dentro. A dona ensinounos como funcionaba e fixemos fariña triturando millo.
Despois fomos a carballeira onde merendamos e fixemos unha cabana nun burato. Ao final contáronnos, baixo un carballo centenario, a importancia de coidar os entornos naturais. Con cancións en directo incluidas.
Saida a Bronlle on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario