XORNALISTAS POR UN DÍA
Os luns son os días que dedicamos para traballar coa prensa escrita: xornais, revistas, etc. Unha das actividades que máis nos gustou foi a de confeccionar titulares combinando as palabras deste montón de recortes. Pero hai que ser moi agudos e agudas para conseguir resultados tan interesantes como os que vos mostramos a continuación.