jueves, 1 de junio de 2017
Un novo curso e, unha vez máis, chega o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio Educativo (PROA) ao noso cole. O seu propósito é servir de complemento aos esforzos que se realizan en horario lectivo. Todas as tardes, agás a do martes, establécese unha rutina de 2 clases, a primeira de 16 a 17 horas e a segunda de 17 a 18 horas, nas que se aproveitará o tempo para ou ben facer tarefas que quedaron pendentes ou para afrontar os contidos dunha forma diferente que faga máis sinxela a comprensión dos mesmos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario