Seguide sendo tan bos, agradables, alegres e afectuosos, seguide vivindo no respecto e non perdades de vista as vosas metas. Deséxovos a todos, toda a sorte e o ÉXITO do mundo.
SOMOS EUROPEOS SOMOS EUROPEOS Ámsterdam é a capital de Países Baixos onde hai muínos a destaxo Irlanda coa súa capital Dublín onde hai moitos castelos pra descubrir
SOMOS EUROPEOS SOMOS EUROPEOS
E agora un cruceiro imos realizar polo mar Mediterráneo imos navegar a Grecia é a onde queremos chegar.
SOMOS EUROPEOS
SOMOS EUROPEOS
Letonia e Lituania xuntiños están xoias Bálticas que tes que visitar cos seus monumentos vas alucinar.
SOMOS EUROPEOS
SOMOS EUROPEOS
Se poucos cartos queres gastar. a Estonia é onde debes ir mercar, este país limitado polo golfo de Finlandia está.
SOMOS EUROPEOS SOMOS EUROPEOS
A illa de Malta tes que visitar e a súa dieta mediterránea terás que degustar SOMOS EUROPEOS SOMOS EUROPEOS Luxemburgo é famosa pola súa cidade medieval está fortificada, así protexido estarás
Ola nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria!! Xa queda moi pouquiño para acabar o curso, así que hoxe como proposta final quero darvos os bos días co seguinte vídeo.
Que vos parece?😍😍 Aproveitando que o 5 de Xuño é o Dia Mundial do Medio Ambiente, quero destacar a importancia de COIDAR o NOSO VITAL E FERMOSO MEDIO AMBIENTE, tan desexado de gozar este ano máis que nunca!!! UNHA REFLEXIÓN, UN ENSINO
O confinamento debido á pandemia do COVID19, trouxo impactos positivos no ambiente xa que, o freo obrigado imposto ás industrias, a disminución do transporte, tanto terrestre como aéreo, a detención da circulación de persoas, e a actividade comercial… fixo que baixase o nivel da contaminación do aire. As augas das praias locen cristalinas, están cada vez máis limpas e deixan ver a beleza do seu fondo. Tamén propiciou que os animais que viven preto paseásense curiosos como jabalíes por Barcelona e Madrid, corzos por Segovia, lobos e osos en pobos de Galicia e Asturias, ou golfiños no porto de Cádiz. En Venecia, a auga das canles vese máis clara debido á nula presenza de turistas e de tráfico de góndolas. A súa calma permitiu que peixes de varias especies saian dos seus agochos e que se incremente o número de cisnes.
Máis aló da Saúde Física, a natureza tamén nos conforta, afecta a Nosa Saúde Emocional, Mental e Espiritual”.
Todo isto deberanos axudar a reflexionar, valorar e tomar conciencia de que a Saúde do Planeta é a Nosa Saúde porque é a Nosa CASA, Somos o Mesmo”.
E agora que podemos saír, máis que nunca necesitamos COIDALA, RESPECTALA para poder GOZAR, SENTIR E ADMIRAR a súa BELEZA: pasear por un bosque, gozar do sendeirismo, a montaña ou o mar, tocar unha árbore, admirar un campo de flores, asombrarnos cos animais, camiñar pola praia ou simplemente ir a un parque da cidade…
A nosa ensino-aprendizaxe debe ser:
A NOSTALXIA POLO MEDIO NATURAL NA PANDEMIA DEBERÍA TRANSFORMARSE EN RESPECTO E PROTECCÓN NO FUTURO.
Oxalá que todo isto sirva para que haxa un cambio”.
➤Así que, como Última Actividade do Curso propóñovos: 🌍🔉🌳🌍Convertervos en “GRANDES FOTÓGRAFOS ” para sacar 1 ou varias fotografías a elementos da natureza que vos guste e que queirades que vos aparecese detrás desa porta, para poder disfrutala cada día de esas desexadas vacacións.
Na clase fixemos unha moi grande entre todos...
mágoa que non teña unha foto!
Lembrades como se interpretaba a táboa? Había
alimentos de consumo diario e alimentos de consumo ocasional (que soamente podemos comer unha ou dúas veces á semana)
Agora, imos a observar a pirámide dos hábitos
saudables, é dicir, as recomendacións do que hai que facer para ter boa
saúde.
Tarefa 1: Imaxina que imos almorzar todos
xuntos ao xardín dun precioso restaurante.
Elabora o MENÚ dun ALMORZO SAUDABLE (desayuno)
Presenta un bonito menú con títulos, boa
letra e debuxos ou fotografías.
(Observa ben a pirámide dos alimentos para engadir alimentos variados dos diferentes grupos)
Tarefa 2: Observa a pirámide dos hábitos saudables. Podes explicar en que
consisten os diferentes niveis? Engade un ou dous hábitos que falten na pirámide.
Tarefa 3: Lingua galega
Escribe un consello aos teus compis sobre hábitos saudables.
Ollo!! Utiliza un folio ou unha páxina completa da túa libreta. Decora o
folio cunha imaxe (pode ser unha imaxe túa) ou un debuxo. Serás capaz de dar un
consello facendo unha rima?