Bos días alumn@s de 3º
Hoxe imos a repasar Ciencias Naturais
HÁBITOS SAUDABLES
Comezamos observando a pirámide alimenticia
Na clase fixemos unha moi grande entre todos...
mágoa que non teña unha foto!
Lembrades como se interpretaba a táboa? Había
alimentos de consumo diario e alimentos de consumo ocasional (que soamente podemos comer unha ou dúas veces á semana)
Agora, imos a observar a pirámide dos hábitos
saudables, é dicir, as recomendacións do que hai que facer para ter boa
saúde.
Tarefa 1: Imaxina que imos almorzar todos
xuntos ao xardín dun precioso restaurante.
Elabora o MENÚ dun ALMORZO SAUDABLE (desayuno)
Presenta un bonito menú con títulos, boa
letra e debuxos ou fotografías.
(Observa ben a pirámide dos alimentos para engadir alimentos variados dos diferentes grupos)
Tarefa 2: Observa a pirámide dos hábitos saudables.
Podes explicar en que consisten os diferentes niveis?
Engade un ou dous hábitos que falten na pirámide.
Podes explicar en que consisten os diferentes niveis?
Engade un ou dous hábitos que falten na pirámide.
Tarefa 3: Lingua galega
Escribe un consello aos teus compis sobre hábitos saudables.
Ollo!! Utiliza un folio ou unha páxina completa da túa libreta. Decora o
folio cunha imaxe (pode ser unha imaxe túa) ou un debuxo. Serás capaz de dar un
consello facendo unha rima?
Aquí tedes o meu consello como exemplo:
Moitísimo ánimo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario