Bos días alumnado de 3º de primaria,
Que vos parece se continuamos coa nosa libreta interactiva sobre animais?
Moitísimas grazas por compartilas con nós! Quedaron espectaculares!!
Libreta interactiva de
PAULA
E agora imos a ver un video sobre animais invertebrados
Os animais invertebrados, non teñen esqueleto.
A maioría son ovíparos, nacen dos ovos.
Cada día podemos traballar un grupo de animais invertebrados:
1. Esponxas
2. Medusas e corales
3. Vermes (gusanos)
4. Moluscos
5. Equinodermos
6. Antrópodos
Para máis información sobre animais invertebrados podemos visitar esta páxina:
https://www.unprofesor.com/ciencias-naturales/animales-invertebrados-ejemplos-con-imagenes-3105.html
E tamén podedes darlle un repaso aos animais vertebrados pinchando aquí.
Agardo as vosas libretas interactivas!! Sei que traballades moi ben!
Un bico enorme,
Belén González
No hay comentarios:
Publicar un comentario