Bos días familias e alumnos de 3º
E chegamos a venres...
xa fixemos actividades de lengua, lingua, mates e ciencias.
Polo que hoxe tocan....
retos divertidos.
1. PRIMEIRO RETO
Serás capaz de representar o abecedario usando o teu corpo?
Pídelle axuda a túa familia e intenta pasar un rato divertido.
Podes
enviarme unha foto con algunha letra, por exemplo a letra coa que comeza o teu
nome...
serás capaz de conseguilo? Aquí tes unha pequena axuda.
2. SEGUNDO RETO:
Cociñar
con papá, mamá, os avós....
e
enviarme unha foto para adiviñar o resultado.
Aquí temos
a Xurxo axudando a mami a cociñar....
adiviñades que cociñaron???
Ummmmmm!!!! Que boa pinta!!
3. TERCEIRO RETO:
Facer plastilina caseira.
Ingredientes:
- 3 cuncas de fariña
- 1 cunca sal fina ( canto máis fina, mellor)
- 1 cunca de auga
- 2/5 culleradas de aceite de xirasol ou outro aceite (comeza engadindo soamente dúas)
- Colorante alimentario (opcional)
Elaboración:
Pon todo xunto nun molde, e a xogar!!
Nota: podes buscar algún vídeo en youtube para axudarte. Ou ver este exemplo:
Boa fin de semana!!
E por suposto... baila, canta, xoga, le, ri e desfruta!!
Con moito cariño,
Belén
No hay comentarios:
Publicar un comentario