Bos días familias!
Bos días rapaces de 3º de primaria!
Bos días Paula, María, Ángel, Nathan!
Bos días Iker, Xurxo, Alba, Álvaro, Lía!
Bos días Ángela, Unai, Darío e Michelle!
Durante estes días que estaremos na casiña, intentarei que traballemos xuntos para seguir aprendendo moito e ao mesmo tempo intentar pasar un bo rato... Espero que consigamos manter unha boa comunicación e xuntos podamos superar esta diferente e nova situación. Ánimo a todos!!!
1. Horario:
Imos a facer un horario bonito con debuxos no que teremos que incluír:
- Hora de levantarnos
- Almorzo (A comida é moi importante, lembrade comer de todo ;-)
- Traballo de cole
- Actividad física
- Axudar nas tarefas da casa
- Comida
- Siesta, descanso, televisión para descansar...
- Ocio (manualidad, xogo de mesa...)
- Actividad física
- Merenda
- Repaso de mates? Lectura?
- Xogo libre
- Recoller
- Ducha ou baño (lembrade que a hixiene e un hábito saludable)
- Cena
- Sueño ( lembrádevos cantas horas necesitamos durmir?)
2. Traballo de cole:
Lingua Galega: No cole estábamos falando de facer un relato curto, lembrades?
Pois agora, é o momento de facelo! E lembrade, todos somos capaces de facelo, vainos saír moi ben, escollede un par de personaxes e a traballar!!!
Preme na imaxe para saber mais:
Lingua Castelá: Temos unha proposta ben divertida... convértete en xornalista por un día.
Preme na imaxe para saber mais:
- Ademais, gustaríame que escollérades un libro que teñades na casa. Pode ser en galego ou castelán. Gustaríame que fose un libro que vos guste. E cando rematedes de lelo, colledes un folio, unha libreta e completades os seguintes datos:
Título:
Autor:
Editorial:
Personaxes:
Argumento (resumo, cóntame coas túas palabras o que sucede no libro)
Opinión persoal: gustouche pouco, moito, moitísimo
E cando nos volvamos ver... compartiremos todos estes libros que espero que nos fagan pasar un bo rato.
- Por outro lado...xogamos ao tutti frutti?? Tiña as fichas preparadas na clase, así que vos toca facer o cadro na casa e xogar cos vosos irmáns, pais, nais...
Ollo!! hai que diferenciar nomes propios (con maiúscula) de nomes comúns (con minúscula)
Por cada palabra correcta e ben escrita: 5 puntos
Ejemplo:
Matemáticas:
Seguimos estudando as tablas. E xa que vos gusta tanto o xogo de preguntar tablas (o que tíñamos no armario) por que non o facedes vos mesmos con papel?
Tedes que escribir as tablas e recortar. Cada táboa nun troziño de papel e a xogar con mami, papi...
Estas actividades son para toda a semana....
En ciencias sociais estábamos estudando diferentes tipos de paisaxe usando maquetas. Cando voltemos ao cole seguimos coas nosas maquetas.
E agora pincha no seguinte enlace se queres ver a actividade de ciencias naturais sobre animais.
Se tedes algunha dúbida, ou precisades mais axuda... mandádeme un email.
Ata pronto meus ben queridos alumn@s!!
Con moito cariño,
Belén González

No hay comentarios:
Publicar un comentario