martes, 31 de marzo de 2020

Xogamos? 3°

Bos días familias e alumnos de 3º

Que vos parece se esta semana xogamos un pouco?


Primeiro xogo: Converternos en grandes cociñeiros e escribir unha receita.

Esta fin de semana axudamos na casa a facer unha receita... 

 



E como os vosos pratos tiñan tan boa pinta,  ocorréuseme que sería unha gran idea, compartir as nosas receitas.


Comezamos...
  1.  Escribe o nome do prato cun título grande e chamativo.
  2. Fai unha lista cos ingredientes necesarios e as cantidades (podes facer debuxos para decorar a receita)
  3. Numera os pasos e describe cada fase.
  4. Engade unha bonita foto (da receita, cociñando, cos teus axudantes de cociña etc)
  5. Bo proveito!
Por certo, podedes facer a receita en galego ou castelán. Escollede!

Segundo xogo: Tedes unha baralla de cartas na casa??

Pois imos xogar e ao mesmo tempo practicar multiplicacións.

Necesitamos:
  • unha baralla de cartas ou dúas ( podes quitar as figuras ou deixalas para facer o xogo máis difícil e emocionante)
  • Dous xogadores

Como xogar?

  • Divide a baralla en dous montóns iguales.  
  • O primeiro xogador colle unha carta de cada pila e lles da a volta. Multiplica os números (Como nas imaxes). Se a resposta é correcta, quédase coas cartas e pasa a quenda ao seguinte xogador que repite o procedemento. Se a resposta non é correcta, devólvense as cartas ao mazo.


  • Gaña o xogador que máis cartas consiga. 

Espero que o pasedes ben con estes xogos...

E xa sabedes, traballade un pouquiño cada día e ao voso ritmo (ler, facer contas, xogar, bailar, cantar...) o importante é pasalo ben mentres aprendemos.

E recordade, Silvia compartiu con nós unha actividade moi divertida.

Hai tamén actividades na web do cole e  no blog da biblio.

Un bico moi moi grande, 

Belén

No hay comentarios:

Publicar un comentario