lunes, 23 de marzo de 2020

Novas tarefas e moito ánimo

Bos días familias! Bos días nenos e nenas de 3º de primaria.

Espero que esteades todos ben, dende a miña casa vos mando moita forza e ánimo. 

TODO SAIRÁ BEN    






Hoxe imos empezar facendo algo de linguas.



Primeiro unha actividade de LINGUA CASTELÁ.

Xogo de expresión creativa: Imos a escribir unha historia disparatada. 
Primeiro collemos un dado que teñamos por casa. O tiramos a primeira vez e así, escollemos o ambiente. A segunda vez,  escollemos o lugar e así sucesivamente...

Primeira tirada: ambiente    
                                                     Segunda tirada: lugar
                                            Terceira tirada: personaxe
                                  Cuarta tirada: problema

Unha vez que temos o ambiente, o lugar, o personaxe e  o problema... a escribir.
E lembrade que podedes enviarme ao meu email as diferentes historias disparatadas para que todos os vosos compañeir@s tamén as podan ler. Sería fantástico!


Actividade de LINGUA GALEGA:

Imos traballar os CAMPOS SEMÁNTICOS 

Un CAMPO SEMÁNTICO é un grupo de palabras que están relacionadas polo seu significado.
Por exemplo: 

1. Animais Vertebrados: galiña, vaca, cabalo, león.... ¿podes engadir algún máis?
2. Roupa: pantalón, saia, camisa... ¿podes pensar algún máis?

                                       Pincha na seguinte imaxe para saber máis. 


Actividade: crear dous ou tres campos semánticos utilizando debuxos para poder adiviñar o campo semántico.




Por exemplo: 


O primeiro campo semántico son froitas e o resto? 

Mañá enviareivos as actividades de matemáticas e ciencias naturais.


Unha aperta moi grande, 

Belén González 

No hay comentarios:

Publicar un comentario