lunes, 23 de marzo de 2020

KIT DE SUPERVIVENCIA 4º


Ola nenos e nenas de 4º!

Para esta semana propóñovos... un xogo!

Tedes que realizar varias probas cada día para reunir os obxectos que necesitades. Deste xeito,

 conseguiredes formar o KIT DE SUPERVIVENCIA que será moi necesario para estes días na casa.



PREPARADOS PARA COMEZAR?

1ºPROBA(para conseguir a lanternatedes que elixir un produto dos seguintes (televisión, computador, teléfono, neveira ou cociña), buscaredes as vantaxes que ten o produto e cos vosos mellores argumentos intentaredes vendelo. (Lingua castelá).


2º PROBA (para conseguir o compás): tedes que imitar ao voso famoso favorito. Lingua galega.



3º PROBA (para conseguir as tiras cubreferidas): tedes que ser vós mesmos os que creedes dous problemas matemáticos nos que aparezan operacións de suma, resta, multiplicación ou división. Matemáticas.



Suxerencia: Podedes gravarvos un vídeo coas actividades realizadas ou ben facelas por escrito.

                                                                              Moitas, moitas apertas, Iria

No hay comentarios:

Publicar un comentario