Bos días alumnos de 3º
Lembrades que no derradeiro tema de sociais estabamos facendo unhas maquetas sobre os diferentes tipos de paisaxes? Cando volvamos ao cole, remataremos as nosas maquetas e mentres imos a recordar o que é unha paisaxe e os diferentes tipos de paisaxes.
Comezamos!
Temos dous tipos de paisaxes:
1. PAISAXES DE INTERIOR que poden ser de montaña ou chaira.
2. PAISAXES DE COSTA, situadas xunto ao mar.
Tarefas a realizar:
1. Observa a paisaxe que ves dende a túa casa.
Fai un debuxo ou saca unha foto e despois fai unha lista cos elementos naturais e elementos humanos que atopes.
|
Exemplo: Dende a miña fiestra podo ver |
- o mar (elemento natural)
- os barcos (elemento humano)
- Etcétera
2. Investiga e despois anota a información no teu caderno:
( Recorda: presta atención á boa presentación e podes engadir fotos ou debuxos)
- Cantas partes ten unha montaña? Cales son?
- Cal é a montaña máis alta de Galicia? Onde está?
- Cal é a montaña máis alta de España? Onde está?
- Como se chama a montaña máis alta da terra? En que continente se atopa?
- Como se chama o río máis importante de Galicia?
- O territorio español abrangue tamén dous arquipélagos. Indaga os seus nomes e o das distintas illas que o compoñen.
3. Describe Moaña e a súa paisaxe:
(ou algún lugar que coñezas ben)
Podes seguir o seguinte guión:
- Onde está? En que provincia?
- Que tipo de paisaxe ten Moaña?
- Que elementos da paisaxe hai en Moaña? É decir, se foras un guía turístico que destacarías de Moaña? (Podes engadir os nomes das montañas,bosques, ríos, praias...)
- Algún dato interesante que queras engadir.
- Opinión personal. (Gústache vivir en Moaña?)
Data de entrega: 4 de maio