miércoles, 22 de abril de 2020

O TURISMO, EN ESPAÑA (4º)


Moi boas meus queridos alumn@s!

Hoxe imos revisar contidos traballados no primeiro trimestre de ciencias sociais e tamén faremos unha actividade chamada "Turismo en España"

Como sabedes o tema "A organización do territorio de España" o estudamos a través dun proxecto.

Inventamos unha canción sobre as comunidades autónomas de España tanto en galego como en castelán. ( O profe Xose, incluso marcou un ritmo e ensaiou en varias ocasións a canción con vós).
Tamén por grupos fixestes unha investigación sobre unha comunidade ou provincia e creamos un programa de noticias. (Noticias que foron feitas por vós).

En definitiva, pasámolo fenomenal.

Como xa sabedes todas as comunidades autónomas e provincias de España, vos deixo uns xogos para que repasedes. Por certo, aquel que poida incluso pode repasar nun mapa mudo.

https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9d65ad7b-1679-44ad-951f-e0a275288cde (XOGO EN GALEGO para repaso das CCAA de España). Incluso hai xentilicios, que tamén traballamos.

https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa/108fb9ee-6654-465a-a9ed-e84be977a27a (Xogo para repasar as provincias)


                    Pois ben, agora faremos a actividade en galego. Esta tarefa, consiste en elixir unha provincia de España, investigar os seus puntos de interese (gastronomía, festas, tradicións...), e dicir, todo aquilo que sexa chamativo para os turistas.



O voso obxectivo é atraer moitos turistas a España e para iso, faredes un vídeo facendo publicidade dunha provincia (ten que ser en galego). Se se animan as familias, benvido sexa!

Tranquil@s, para este traballo tendes ata o día 4 de maio.

Continuamos repasando meus superalumn@s!

O CONTO: a estrutura.

Como sabedes, todos os contos teñen tres partes:
  • Introdución: preséntase os personaxes e dise cando e onde sucede a historia.
  • : cóntase o que ocorre e como se vai desenvolvendo a acción.
  • Desenlace: resólvese o final.
Tarefa: escoita este conto e busca as tres partes. Despois cambia o final.


                                           

VOCABULARIO: AS FRASES FEITAS 

Unha frase feita é unha expresión que ten un significado diferente ao das palabras que o forman. Por exemplo:
"Preguntando chégase a Roma". 
Quere dicir que se preguntamos chegamos a calquera lugar.

Tarefa: investiga frases feitas e explica o seu significado.


                                                                    
                                                               
                                                                                                         Ánimo nas tarefas, Iria

No hay comentarios:

Publicar un comentario