miércoles, 1 de abril de 2020
#Somossolidarios. Mensaxe importante 4º
NENOS E NENAS SOLIDARIOS!
Como sabedes un dos maiores problemas para os pacientes con coronavirus é a soidade que senten ao estar totalmente illados. Completamente sós, separados das súas familias.
Por iso, lanzouse unha iniciativa que consiste en enviar cartas de apoio para estes pacientes.
A idea é que cando un médico vexa a unha persoa afectada, leve unha carta de apoio de alguén da poboación xeral.
Nesta iniciativa inclúense varios hospitais pontevedreses. Desde que comezou a iniciativa,recibiron moitas cartas de apoio.
Cal é a nosa misión?
- Escribir unha carta para amosar apoio a estes pacientes!
Unha vez escrita, enviades a carta ao meu correo. Cando teñamos todas as cartas preparadas enviareinas!
-ANÍMATE, temos unha misión ben importante.
Conto con vós meus nenos e nenas.
Dedicade tempo a escribir esa carta e pensade co corazón.
Moitos quereres, Iria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario