Moi boas nenos e nenas, moi boas familias!
Comeza... o 3º trimestre ¡Que ben!
BENVID@S
Pronto comezaremos con novos contidos, pero mentres tanto levaremos a cabo un mini-proxecto (a
nivel de centro).
Temos ata venres para rematalo e consiste no seguinte:
- Imos de viaxe ... unha viaxe soñada, unha viaxe a que sempre quixestes ir!
Empregaremos toda a nosa imaxinación e buscaremos toda a información posible (canto pode custar
ir alí, aloxamento, que países o rodean, cantos habitantes teñen, que mares o bañan, que montañas o
miran, gastronomía, feitos históricos, que lingua falan, relixión, o seu clima...)
Busca o país e sitúao no mapa, saca unha foto, grava un video...
A miña viaxe "HAWAII"
Hawaii, último estado en ser admitido nos EE.UU.
Sitúase na rexión occidental do país, no arquipélago hawaiano. É o grupo de illas máis norteño da
Polinesia (Oceanía), no océano Pacífico central. A súa capital é Honolulú.
A moeda empregada é o dolar americano, o idioma falado é o inglés e hawaiano, e ... están a 11
horas menos que en España.
En canto á gastronomía, namoreime do POKE. Si si... o poke, unha
ensalada feita de peixe cru ¡moi saudable e deliciosa!
Veña... é hora de preparar as maletas!!
Moitos quereres da profe Iria
No hay comentarios:
Publicar un comentario