martes, 14 de abril de 2020

Actividade 1: Unha viaxe soñada 3º


Bos días nenos e nenas de 3º de primaria

Para darlle a benvida ao 3º TRIMESTE imos comezar facendo unha viaxe coa nosa imaxinación,
inda que se temos sorte podemos facer a nosa viaxe nun futuro próximo, crucemos os dedos!

Facede as maletas que nos imos a...

1. Escollede o sitio ao que desexades viaxar
2. Onde está situado? 
3. Lugares de interese para visitar
4. Comida típica (Gastronomía)
5. Festas
6. Idioma que se fala
7.  Moeda
8.  Flora
9. Fauna
10. Outros datos de interese que se vos ocorran



Investigade ao longo desta semana, e despois mandádeme a información da vosa viaxe.


Xurxo xa comezou a súa viaxe a.... 



 



Eu decidín que vou quedar por Galicia e facer un pouco de sendeirismo nos....



Os Ancares Lucenses están situados na provincia de Lugo en Galicia



Limitando coa Fonsagrada ao norte, 
con Sarria ao oeste,
Quiroga ao sur e
con Asturias e León ao este.






Nos Ancares paga a pena perderse e desfrutar da súa  flora:

Castiñeiros, carballos, brezo e acivro entre outros.


Tamén é moi interesante a súa fauna,
 xa que se temos sorte poderemos ver
 lobos, corzos, xabaríns e ata osos que voltaron ao parque moi recentemente.







Outra cousa interesante que podemos atopar nesta zona son as famosas pallozas


Construcións de planta circular ou ovalada, de entre dez e vinte metros de diámetro. Con paredes baixas de pedra e cuberta por un tellado vexetal. 
Ata ben poucos anos, as persoas facían vida nestas pallozas.










Seguirei investigando máis cousas e xa vos contarei...


Agora, vos toca tamén investigar e viaxar durante esta semana. 
Estou impaciente por coñecer os fermosos lugares aos que ides a viaxar.

BOA VIAXE!



No hay comentarios:

Publicar un comentario