martes, 21 de abril de 2020

SAÚDOS DA PROFE ELI para 3º e 4º de PRIMARIA

Ola rapazas e rapaces de 3º e 4º de Primaria!!! 
Xa estamos no 3º Trimestre!!!. Como estades pasando todo este tempo na casa? 
Desexo e espero que poñades cantidade de paciencia e mogollón de alegría para poder ir levandoo.
Sei que estades a traballar moito nas tarefas do cole e espero que aproveitedes tamén este tempo, que ás veces parece interminable, para xogar, bailar, cantar, ler, facer un pouco de exercicio, axudar moito nas tarefas de casa, aplaudir, pero sobre todo:
COMPARTIR EN FAMILIA!!!!.

Como estamos en PASCOA, aproveito para achegar o meu gran de area e deixarvos a seguinte actividade:
SORPRESAS NOS OVOS DE PASCOA!!!
Na imaxe que vos deixo a continuación, onde vos desexo unha Feliz Pascoa, deberedes:
  • Buscar uns símbolos e picar sobre eles, para descubrir que haberá neses ovos? ....
Espero que vos guste!!! Se queredes enviarme algunha foto ou vídeo cun comentario da actividade contándome se vos gusto, ou coa decoración dos vosos ovos de Pascoa que realizastes, estaría encantada de recibilo.

Déixovos o meu correo: elibalado12@ gmail. com
Un aperta GRANDE da profe Eli e moito ÁNIMO SUPERHEROES!!!


 Agora a buscar e a disfrutar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario