Bo día nenos de 3º de primaria
Hoxe imos comezar cunha actividade de Ciencias Naturais.
Despois de estudar os animais vertebrados e invertebrados, temos que facer unha investigación cos animais que temos ao noso arredor. Comezamos...
1. Buscamos animais na nosa casa ou se temos sorte, no noso xardín. (Se non atopades ningún animal, podedes utilizar os vosos animais de peluche).
2. Facémoslle unha foto ou facemos un debuxo.
3. Escribimos unha pequena descrición coas súas características máis destacadas.
(Podemos utilizar a nosa libreta interactiva ou picar nas seguintes imaxes onde atoparemos un esquema dos animais vertebrados e invertebrados).
(Podemos utilizar a nosa libreta interactiva ou picar nas seguintes imaxes onde atoparemos un esquema dos animais vertebrados e invertebrados).
O meu exemplo: Eu teño a sorte de ter un xardín e atopei esta fermosísima araña.
Temos que atopar e describir 3 animais como mínimo.
Prazo de entrega: venres 24 de abril.
Tarefa de LINGUA GALEGA
Imos repasar o abecedario en galego (23 letras: 5 vogais e 18 consoantes) e intentar completar a seguinte táboa co nome de diferentes animais. Seremos capaces de engadir un animal para cada letra do abecedario?
A araña
|
I
|
R
|
B bolboreta
|
L
|
S
|
C corzo
|
M
|
T
|
D donicela
|
N
|
U
|
E
|
Ñ
|
V
|
F
|
O
|
X
|
G
|
P
|
Z
|
H
|
Q
|
Envíame as túas propostas para ir actualizando a táboa.
Ollo!!!! É unha actividade de lingua galega, animais en galego!
Moito ánimo!! xuntos conseguirémolo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario