lunes, 27 de abril de 2020

Actividade 5: A paisaxe 3º

Bos días alumnos de 3º

Lembrades que no derradeiro tema de sociais estabamos facendo unhas maquetas sobre os diferentes tipos de paisaxes? Cando volvamos ao cole, remataremos as nosas maquetas e mentres imos a recordar o que é unha paisaxe e os diferentes tipos de paisaxes.

Comezamos!


Temos dous tipos de paisaxes:

1. PAISAXES DE INTERIOR que poden ser de montaña ou chaira.

2. PAISAXES DE COSTA, situadas xunto ao mar.


Pincha na imaxe para máis información

Pincha na imaxe para máis información

Pincha na imaxe para máis info.

Tarefas a realizar:

1. Observa a paisaxe que ves dende a túa casa. 
Fai un debuxo ou saca unha foto e despois fai unha lista cos elementos naturais e elementos humanos que atopes. 

Exemplo: Dende a miña fiestra podo ver
- o mar (elemento natural) 
- os barcos (elemento humano)
- Etcétera



2. Investiga e despois anota a información no teu caderno:
( Recorda: presta atención á boa presentación e podes engadir fotos ou debuxos)
  • Cantas partes ten unha montaña? Cales son?
  • Cal é a montaña máis alta de Galicia? Onde está?
  • Cal é a montaña máis alta de España? Onde está?
  • Como se chama a montaña máis alta da terra? En que continente se atopa?
  • Como se chama o río máis importante de Galicia?
  • O territorio español abrangue tamén dous arquipélagos. Indaga os seus nomes e o das distintas illas que o compoñen.


3. Describe Moaña e a súa paisaxe:
    (ou algún lugar que coñezas ben)

Podes seguir o seguinte guión:
- Onde está? En que provincia?
- Que tipo de paisaxe ten Moaña?
- Que elementos da paisaxe hai en Moaña? É decir, se foras un guía turístico que destacarías de Moaña? (Podes engadir os nomes das montañas,bosques, ríos, praias...)
- Algún dato interesante que queras engadir.
- Opinión personal. (Gústache vivir en Moaña?)





Data de entrega: 4 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario