lunes, 18 de mayo de 2020

Actividade 10: Repaso continentes e océanos

Bos días alumn@s de 3º

Hoxe imos comezar repasando o tema 2 de sociais

Orientación e representación da terra

O globo terráqueo é unha esfera na que se representa a totalidade da superficie da Terra.


Tarefa 1: Observa o globo terráqueo. 
Como se chama a líña imaxinaria que divide a Terra? En que partes divide a Terra?


Tarefa 2: Repasamos continentes e océanos.

Xoga e practica con estes mapas interactivos. Actividade online 
(Xoga e pásao moi ben. No mapa 1 necesitas Flash Player)




Tarefa 3: Observa o seguinte mapa do mundo.
Escribe o nome dos continentes e dos océanos na túa libreta.






Tarefa 4: Investigación:

- En que continente vives?
- En que hemisferio se atopa o continente no que vives?
- Que océanos ou mares bañan o continente?
- Con que continentes fai fronteira?



Sitúa España nun mapa.
Sitúa Galicia no mapa de España
Sitúa Moaña.


Tarefa 5  Lingua galega
Inventa unha pequena historia a partir do seguinte debuxo:
Pensa que esta fada nunca estivo na terra, que atopará?
Título: A fada dos dentes viaxa de Marte á Terra.


Moito ánimo!!

Data de entrega: 25 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario