AS LENDAS narran feitos cotiáns mesturados con elementos fantásticos coa intención de demostrar que ocorreron realmente. Os seus protagonistas son seres de diversos tipos: mouros, animais, seres mitolóxicos...
Na clase descubrimos a seguinte lenda...
A Poza da Moura
Conta a lenda que en Domaio, parroquia do concello de Moaña (Pontevedra) vivía un mouro moi rico que tiña unha filla de gran beleza. Esta moza víase ás agachadas na Poza da Moura cun campesiño da zona co que o pai lle prohibira mocear. A moura desoía as ordes do pai pero un día este sorprendeunos. O pai, furioso, deulle morte ao mozo, e a filla, desesperada de dolor, guindouse á Poza da Moura na que se afogou. En lembranza do acontecido é polo que se lle chama a Poza da Moura e hai quen di que na noite da San Xoán a moza aparece peiteando os seus cabelos e que, ás veces, se lle escoita cantar.
GALICIA é un lugar habitado por seres que viven no mundo encantado das lendas.
Tarefa "Escribir é un xogo". Anímaste a escribir unha lenda na que os teus profesores e compañeiros sexamos os protagonistas?
SUXEITO E PREDICADO
A oración consta de suxeito e predicado
SUXEITO, infórmanos de quen realiza a acción do verbo. Por exemplo. A auga (suxeito) é un ben escaso.
En ocasións, atopamos oracións en que non aparece o suxeito, pero existe. Só temos un planeta (Nós é o suxeito)
PREDICADO, que sempre ten VERBO, indica a acción que realiza o suxeito: Eu aforro (predicado).
Xogo online "Suxeito e Predicado" http://replgalega3.webcindario.com/02-11.htm
Tarefa: escribe 5 oracións. Despois rodea o suxeito de vermello e o predicado de azul.
Agora imos repasar MATEMÁTICAS
RECORDA, PENSA, APLICA... A MULTIPLICACIÓN.
Tarefa: repasa as taboas con estes xogos:
Tarefa: realiza as seguintes multiplicacións:
Feliz día, queridos alumn@s
No hay comentarios:
Publicar un comentario