lunes, 11 de mayo de 2020

Actividade 9. Clasificación das plantas 3º

Bos días alumn@s de 3º 

Hoxe imos comezar vendo un bonito vídeo sobre as plantas para seguir aprendendo cousas novas.
Imos a aprender a clasificación das plantas e a súa utilidade.




As plantas pódense clasificar de moitas formas distintas polo que imos escoller dúas clasificacións.

1. PLANTAS CON FLORES E PLANTAS SEN FLORES

 

2. TIPOS DE PLANTAS SEGUNDO O TALO:

árbores, arbustos e herbas.


 

As principais utilidades das plantas son: alimenticias, medicinais, industriais e ornamentais.
Ademais, o seu uso máis importante é a produción de oxíxeno.


Tarefa 1: Facer unha ficha dunha planta
(nome da planta, foto ou debuxo, clasificación e utilidade)

Tarefa 2: A semana pasada fixemos un experimento. Xa pasaron sete días.
Comentade os distintos cambios observados no experimento.
(Podedes esperar máis días para comentar os cambios producidos, se os hai)


Por outra banda, hoxe en Lingua Galega imos xogar. 
Lembrades cando íamos a biblioteca? Pois imos a facer un xogo cunha regra importante.
Hai que falar galego, como facíamos na biblioteca do cole.
Necesitades un dado e algún familiar para xogar.



E despois deste xogo que espero que vos gustara moito, imos a facer un refraneiro popular galego.

Un refrán é un dito popular e sentencioso que contén un consello ou unha moralexa.

Tarefa 3: Investigación sobre refráns.

- Investiga, busca ou pregunta aos teus pais, avós... un refrán popular galego.
- Escolle dous ou tres refráns (sempre que entendas o seu significado)
- Escribe os refráns nun folio cun bonito debuxo relacionado co dito refrán

Exemplo: 

Que significa para ti este refrán?


Ánimo e a comezar ben o día!


No hay comentarios:

Publicar un comentario