Bos días nenos e nenas de 4º
Xiana, atopou a árbore con folla de abanico e descubriu o seu nome.
Oliver e Samuel atoparon bugallos no monte. ¡ESTUPENDO!
Xa saben que os bugallos son moi especiais pero non desvelaremos o segredo (de momento).
Xiana, tamén ilustrou a portada do seu libro que se titula "O chocolate de Pedro"
A portada e libro de Xiana vai dun neno chamado Pedro que non fai mais que xogar o Fornite e comer chocolate. Un día a nai mándano ao monte a buscar unhas follas para o traballo de ciencias da natureza, Pedro vese envolto nunha nube de insectos que o rodean polo cheiro do chocolate, de repente chega unha osa que o confunde co seu fillo, Pedro desmaiase e desperta a lametazos na cova rodeado de osos...
Así e como se sinte Sara ao somerxerse na portada do libro "As pitas baixo a Choiva" de Ricardo Carvalho
¡Unha pitiña máis, mollada coma unha pita!
¡Fenomenal nenos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario