Hoxe xoves...retos en FAMILIA!!
RETO: serás quen de atopar unha árbore que ten folla de abanico e está no Concello de Moaña?
Ademais como curiosidade, esta folla foi comida dos dinosauros e é unha árbore única na súa especie.
Se atopas a árbore saca unha foto.
Pista: aquí tes a folla.
RETO: ¿De que árbore nace este...?? Non é o seu froito!
Serás capaz de atopalo?
Curiosidade... sempre ten un buraco, sabes o motivo??
Todos coñecemos plantas con valores medicinais ou propiedades que foron e son de grande axuda para os humanos ao longo da súa historia. Non obstante, algunhas teñen substancias perigosas que poden incluso causar a morte.
Ademais, dende tempos antigos, as plantas usáronse tanto como fonte de alimento (grazas aos seus froitos e algunhas follas), como remedio para enfermidades.
RETO: Poñede algún exemplo de planta medicinal, planta usada como fonte de alimento ou planta velenosa.
Moitos bicos, Iria
No hay comentarios:
Publicar un comentario