lunes, 11 de mayo de 2020

O REINO VEXETAL (Actividades en familia) 4º


Comezamos o luns... con moitaaaaa marcha!
Bos días nenos e nenas, papás e mamás, irmáns e a todos os demais.

Esta semana centrarémonos en estudar con máis profundidade... O REINO VEXETAL!!

Características das plantas

Coma  o resto dos seres vivos, as plantas ou vexetais nacen, se alimentan e medran, se relacionan, se reproducen e morren.
Son tres as características que diferencian as plantas dos animais.

  • Fabrican elas mesmas o seu alimento.
  • Non poden desprazarse.
  • Non posúen órganos dos sentidos, aínda que poden captar os cambios que se producen ao seu arredor.
As plantas pódense clasificar en dous grandes grupos: plantas con flores (florecen e producen sementes) e plantas sen flores (non florecen e non producen sementes). 
                                                                    
                                                                            Ademais:




ACTIVIDADE: Colle a túa mochila, prepara o teu Kit de supervivencia campeira e fai coma DORA exploradora, a EXPLORAR!
Poñede pucheiros, pedide por favor, por favor a  e que vos leven de excursión ao monte, parque próximo, xardín...
Facede unha listaxe de todos os vexetais que atopedes. Clasificádeos segundo sexan árbores e arbustos ou herbas e anotade as características máis importantes de cada planta.

DESCUBRO...
                                                                                                       
ACTIVIDADE: Busca follas das árbores que atopaches na excursión ao monte e clasifícaas segundo a forma e o bordo.  Atopaches algunha planta con flor ? 
¿Cáles son as partes dunha planta?







ACTIVIDADE: busca en internet información sobre outros tipos de follas, segundo a forma do limbo e do bordo, distintos dos que se citan aquí. Fai un debuxo da folla e pon un exemplo dunha planta que a teña.








CONTINUAMOS...

Como todos os seres vivos, as plantas teñen unhas necesidades básicas; estas son humidade (a auga é crucial para que a planta viva), luz (a falta de luz fai que as plantas morran), temperatura (moi importante para o seu desenvolvemento) e un chan (debe conter substancias minerais) axeitados. Estes factores varían segundo o tipo de planta ou vexetal de que se trate.

As plantas elaboran o seu alimento. Para elaborar o seu alimento, as plantas utilizan diferentes substancias, que toman da terra e tamén do aire e a enerxía que obteñen da luz do sol.

A luz do sol é captada pola clorofila, substancia de cor verde que se atopa nas follas.

COMO FABRICA A PLANTA O SEU ALIMENTO (1, 2,3, 4 e 5)



ACTIVIDADE: Para comprobar que a auga sobe polos condutos do talo, realiza este sinxelo EXPERIMENTO:


Engade unhas gotas de colorante alimentario de diferentes cores en varios vasos con auga. Introduce un caravel ou margarida de cor branco. Déixaos así durante unhas horas.
Que pasou?


AS PLANTAS RELACIÓNANSE E REPRODÚCENSE.

Cando chega a primavera, despréndese o pole dos estames, Cando o gran de pole chega ao pistilo dunha flor, fecunda o óvulo e, ao cabo dun tempo transfórmase nunha semente.
Este tipo de reprodución denomínase reprodución sexual.
Importante: as abellas participan no transporte do pole ata o pistilo.

                                                   Como se reproducen as plantas con flores:




PARA REMATAR...

                                                       Como é unha FLOR?  Partes dunha flor.



ACTIVIDADE: APRENDIZ CIENTÍFIC@

Observa as partes dunha flor


 
MATERIAL (flor, lapis de cores, lupa na man e pinzas)

PROCEDEMENTO:

1. Escribe no teu caderno o nome da flor que vas examinar.
2. Observa, en primeiro lugar, os sépalos que forman o cáliz.
¿Cantos ten?
3. Sobre o cáliz encóntrase a corola, que está formada por pétalos de cores. ¿Cantos pétalos ten?
4. Extrae coas pinzas os sépalos e os pétalos. Na flor quedarán o pistilo e os estames (imaxe número 1)
5. Agora, extrae un estame coas pinzas e obsérvao coa lupa na man (imaxe 2)
6. Arranca coas pinzas os estames e deixa ben visible o pistilo (imaxe 3)
7. Observa o extremo superior do pistilo coa lupa.
8. Con axuda dunha lupa na man, observa os grans que hai no seu interior: son os rudimentos da semente.





                                                        O xoves terás...RETOS sobre PLANTAS en familia!!

                                                                                  Feliz día nenos e nenas, Iria.

Semana 11-15 de maio.

Data de entrega: 18 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario