martes, 19 de mayo de 2020

XA FALTA POUQUIÑO, 4º


Queridos alumnos e alumnas de 4º:

Neste tempo repasamos cousiñas básicas e moi importantes do 1º e 2º trimestre. Foi moito o esforzo empregado por vos e as vosas familias, feito do que me sinto moi agradecida.

A partir de agora, as actividades chegarán aos correos persoais e non serán postas por aquí. Así deste xeito, irei mandando actividades no seu caso de reforzo ou novo contido segundo o voso ritmo e circunstancias e tamén actividades de repaso de contidos dos trimestres anteriores que aínda non repasamos.

Por outra banda, esta semana (18-22) será para rematar aquelas tarefas que teñades pendentes e preguntar coma sempre, todas as dúbidas que teñades.



Ánimo, estamos a un mes de rematar o cole e para o ano... estaredes en 5º


                                                                       Moitos bicos, Iria

No hay comentarios:

Publicar un comentario