lunes, 25 de mayo de 2020

Actividade 12: Os mapas 3º

Bos días alumn@s de 3º

Hoxe continuaremos repasando o tema 2 de Sociais: Os mapas e os seus elementos.

Un mapa é a representación plana da totalidade, ou dunha parte, da superficie terrestre: continentes, países, rexións...  Os mapas permítenos localizar países, cidades, ríos, montañas, etc.

Mira o seguinte vídeo e descobre os elementos máis importantes dun mapa:



Os mapas tamén poden ter diferentes tipos de información e datos. Segundo a información que presenten, poden ser mapas políticos, mapas físicos ou mapas temáticos.

  




Tarefa 1: Observa o seguinte mapa e sinala os elementos máis importantes 
(podes escribir o nome dos diferentes elementos na túa libreta, non copies o mapa)



Tarefa 2: Clica para acceder á Actividade interactiva. Que tipo de mapa observas? 
Escolle a opción correcta: Mapa político, mapa físico ou mapa temático.


Tarefa 3: Reto artístico: Crear un mapa temático orixinal




Debuxa un mapa na túa libreta ou utiliza elementos que teñas na casa.
(Fai unha representación sinxela do mapa que prefiras: mapa de Moaña, mapa de Pontevedra, mapa de Galicia, mapa de España, mapa de Europa, mapa do mundo...)
Escolle un tema (tempo atmosférico, clima, estradas, poboación, animais...) intenta ser orixinal e fai un bonito mapa temático.

Tarefa 4: Imos facer unha investigación en google maps (Pídelle axuda a un adulto)

- Clica aquí para acceder a GOOGLE MAPS

- Escribe o enderezo da túa casa para ver o mapa da zona. Podes clicar en 'satélite' para ver un mapa real da zona. Busca a túa casa e investiga os lugares que máis te interesen (parques, miradoiros...)
Por certo, non me envíes nada... disfruta das vistas e da visita!!

- No apartado ''como chegar'', escribe o enderezo do cole: CEIP de Abelendo.
Eu tardo en chegar ao cole 1hora e 12 minutos andando, 12 minutos en coche e 25 minutos en bici, 
e ti canto tardas?

Tarefa Extra: Se tes ganas de seguir practicando cos mapas, podes facer un puzzle con todas as comunidades autónomas de España. Se tes impresora podes pinchar aquí para acceder ao puzzle. Imprime, colorea e xoga aprendendo.
Tamén podes xogar cos seguintes xogos online. 
Ollo! É unha actividade extra polo que non tes que enviarme nada. Sólo seguir aprendendo se tes ganas.








Tarefa 5: Lingua Galega

Imos a facer unha lectura 'O soño de Sara'
Clica na seguinte imaxe para ver á lectura e contestar directamente ás preguntas.


Moitísimo ánimo chic@s!!




Data de entrega: 1 de xuño

No hay comentarios:

Publicar un comentario