Bos días nenos e nenas!
Xa estamos en MAIO, mes das letras galegas e un mes moi refraneiro.
Ata o 40 de maio, non te quites o saio; Maio, maión, moitas flores e trebón; chuvia en maio, a mexadiña dun gato...
Actividade 1: Coñecedes algún refrán sobre o mes de MAIO? Seguro que si!!
E...para continuar co repaso, hoxe toca ciencias da natureza e como sabedes moito sobre animais, aquí quedan estes vídeos para repasar de xeito divertido.
E agora como na clase xa fixemos un traballo de clasificación de animais invertebrados e vertebrados por continentes, imos facer un par de tarefas diferentes. Atrevédesvos?
Actividade 2: Ides facer un traballo sobre animais en perigo de extinción.
Chegará con 2 animais. Depois xuntaremos os animais en perigo de extinción descubertos por cada un de vos.
Actividade 3: Animais con mans e pés. Utilizade calquera material que teñades na casa; cores, témpera...
¡Quedarán uns animais FANTÁSTICOS!
Deixa voar a túa imaxinación e descubrirás un creativo no teu interior.
Moitos bicos e quereres, Iria!
No hay comentarios:
Publicar un comentario